29 de dec. de 2013

Aí vai o señor Noé


POPU-RUI 
Aí vai o señor Noé
comandando o batallón.
O mono vai sentado
na cabeza do león.
O gato fai "miau",
miau, miau, miau!
O can fai "guau",
guau, guau, guau!
Perú fai "brbrbrbr"
carneiro fai"beeee"!
E o galo cando quer
quequerequequequequé.

Temas populares de Galiza e Portugal 
 de María Fumaça


Neste Nadal  bailamos e divertímonos coa canción de María Fumaça.

CLICA NA FOTO PARA ESCOITAR
Queres escoitar a música?
 

15 de dec. de 2013

Animais mamíferos moi especiais

O  MORCEGO
Estivemos vendo, nas clasificacións dos animais, as características comúns ós mamíferos e concluímos que esas características eran: 
                         - todos son vivíparos
                         - todos son vertebrados
                         - todas as crías aliméntanse do leite materno

Entre os mamíferos "excepcionais", atopámonos co morcego e os cetáceos que parecen diferentes de outros mamíferos porque os seus corpos están preparados para voar ou somerxerse. Estes animais considéranse mamíferos porque as súas crías nacen do ventre da súa nai e porque se alimentan de leite. 
Yubarta saltando fuera del agua.


<iframe width="420" height="315" src="//www.youtube.com/embed/JEg4xDbAHIE?rel=0" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>






Vídeo de Mario Alejandro López Castillo

11 de dec. de 2013