18 de out. de 2017

Un regalo

arbol-imagen-animada-0139Sara trouxonos a todos un pequeno presente: unha landra para cada un da clase.    
          
Decidimos que as plantaríamos nun vaso e as deixaríamos na aula até que empezasen a medrar para levalas para casa.

Estamos desexando ver como empeza medrar o noso carballo´.

Como aínda falta moito, podemos ir dando un pequeno adianto de como pode ser a nosa plantiña.

      

12 de out. de 2017

Lectura inclusiva

Iniciamos o día coa Hora de Ler.
Cada quen sabe o que ten que facer.
Distribuímonos polas mesa, nos dous ordenadores e no Cantiño da Lectura.
Este é nosa última sección. A intención era de que fose un lugar agradable para ler no que promover unha lectura inclusiva e fomentar a lectura. Unha zona da aula onde todos estamos desexando ir pois alí atopámonos tan cómodos coma no sofá da nosa casa.
Cada quen aporta a súa sabiduría, o bon facer, os seus coñecementos lectores (Xa son moitos que estamos en 2º!!!), ou as súas habilidades sociais.
É sorprendente o moito que aprendemos todos!
Compartimos con vós estes fermosos momentos.

                
          

11 de out. de 2017

EMPEZAMOS O NOVO CURSO

Iniciamos o novo curso con moitas ganas de volver a vernos e saudarnos despois dun longo verán.

Pero non eramos os únicos,  Pacho tamén quería comunicarnos algo:



Proxecto : primeira misión
      
    ceip de leirado
    a bibliodeleirado@gmail.com                                               28sept.

               Queridos nenos e nenas:
               Que sabemos de arte?
               Seguro que algo sabemos, pero este curso imos convertirnos en
               EXPERTOS E EXPERTAS EN ARTE! coa axuda da Biblioteca, 
               da internet, do que nos conten, do que vexamos e escoitemos...


              PRIMEIRA MISIÓN:
              Deberemos traer ao cole imaxes, non moitas
              (como moito cinco cada un), nas que nós pensemos que hai ARTE.
              Poderán ser fotos feitas por vós ou
              imaxes recortada de revistas ou folletos.
              Aquí vos deixo o vídeo de presentación.

              Agardo impaciente.
  
              Pacho




              Proxecto: primeira misión