17 de dec. de 2012

13 de dec. de 2012

LETRA E .... MÚSICA

 2º CAPÍTULO
Agora que xa sabemo a letra do noso RAP, envíovos a base para que o poidades cantar acompañad@s.


30 de nov. de 2012

28 de nov. de 2012

RAP DOS SENTIDOS

1º CAPÍTULO
Aproveitando que estivemos estudando os sentidos, agora ímolos repasar con un pequeno RAP.



Rap, rap dos sentidos

Rap,rap dos sentidos.
 Rap,rap, rap dos sentidos.
Se ules, se oes, se ves e me tocas
e tes o gusto que está na boca.

Cos ollos miro
a túa camisa que coqueta!
Os lunares redondiños
vermellos, verdes ou violetas.

Rap, rap …

A pel acaricia
a suave toalla
pero manco os pés
se piso na palla.

Rap, rap …

Doce na miña boca
sabe a cereixa.
Gústame comer
O xeado con Tareixa.

Rap, rap …

Oe ben cos teus oídos
este ritmo rapeiro,
pero se berras parece
a sirena do bombeiro.

Rap, rap …

Paloma Espejo Roig

26 de nov. de 2012

CREANDO CÓMICS

Hoxe estivemos traballando no Blogue da Biblioteca coa creacción de CÓMICS, e saímos entusiasmado@s.
Aquí tedes un enlace con este blogue.


11 de nov. de 2012

4 de nov. de 2012

COMER SANO



Durante este curso, a igual que o anterior, participaremos no programa de “Distribución de fruta ”  co fin de conseguir:


de  Vang Gogh
     -   Crear hábitos de unha alimentación saúdable.
   -   Fomentar o consumo de frutas e verduras.
    -   Habituarse a ter unha dieta equilibrada.

   Para lembrar as semanas do curso que tocaran participar no programa de  “Distribución de frutas ”:


·     15/10/12 ao 21/10/12

·     04/03/13 ao 10/03/13


Nestas semanas non será necesario traer merenda, pois será distribuida unha peza de fruta para cada alumn@.



























de Arcimboldo
 















 Fruta saludable on PhotoPeach

29 de out. de 2012

XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!!!

APROVEITANDO QUE ESTAMOS TRABALLANDO O CORPO HUMANO  E QUE ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN, VEXAMOS O BAILE DESTES  ESQUELETOS.

15 de out. de 2012

COMEZAMOS CON FORZA

CURSO  2012-2013
 
XA ESTAMOS NO INICIO DO NOVO CURSO.
NENAS E NENOS DISTINTOS E VARIADOS, PERO CON MOITAS GANAS DE APRENDER.
MIRADE QUE FACIANAS DE INTELIXENTES!!!! 

CUIDADO CON NÓS QUE SOMOS MOI, MOI, PERO QUE MOI CURIOS@S




E PARA DARVOS A BENVIDA, AÍ VAI UNHA PELI DOS BOLECHAS.

3 de out. de 2012

TELEXORNAL "A BUGUINA DE 2º"

Despois destas longas vacacións, tiña unha débeda cos meus antig@s alumn@s de 2º; e como creo que o seu traballo foi moito e de grande calidade, aquí vai o prometido. 



29 de xuño de 2012

14 de xuño de 2012

QUE É A PAPIROFLEXIA por Yeneva Garrido Fernández

 

Traballamos o papel 

Os nenos e nenas de 2ºestán traballando con a papiroflexia, que é facer
cousas dobrando o papel.

Xa fixemos: unha galiña,un pato, un cabaloe unha vaca.

                                      













 

                                                                      Galiñas, patos, cabalos, vacas, porcos ...  toda 
unha variedade de animais para formar 
unha granxa totalmente
xeométrica 
                                                   

.


A ROMARÍA DA FRANQUEIRA por Icía Domínguez Rodríguez e Jon Santarén Álvarez

Podemos ver  as santas colocadas, así como a música.Por Icía




Na romaría de A Franqueira danse
cita 20.000 fieles.
Este ano cambiaron as santas de sitio na Franqueira, para un
sitio máis espacioso con unha carpa branca e ademais
con música.

Estaba o santo do barrio de San Roque en Leirado: San
Roque, a Virxe da
Luz de Meder...
1