20 de dec. de 2016

Festival Nadal 2016

 Para ir abrindo apetito, un pequeno adianto do Festival de Nadal 2016
               
                 
                                 Canción de Fito & Fitipaldis - Viene y va

 E aquí está o vídeo do festival.



6 de dec. de 2016

Teño que decidirme

Non só fixemos os alumnos/as unha dinámica, tamén as nais e pais fixeron a súa.
Si señor, foi unha experiencia estupenda.
A dinámica consistía en que as profesoras comentaban unha situación: Un grupo de rapaces van de excursión, na metade do camiño averíase o autobús...
... e tendo en conta a situación na que se atopa (non hai cobertura, están a pleno sol...), a mellor solución será a de ir buscar axuda ao pobo máis próximo.
Os cinco voluntarios non poden levar todo o que hai no autobús, pero si poderán levar cinco obxectos dunha grande lista.
Agora será o momento de poñer a funcionar as nosas cabezas, teremos que decidir eses cinco obxecto repartidos por equipos. E así vemos como a colaboración entre todos, axudaranos a facer a mellor selección.
Si señor, foi unha experiencia estupenda.


A arañeira


Este ano empezamos o curso, alá polo mes de setembro,  practicando unha dinámica: A arañeira.
A consigna era que cada un tiña que dicir "Que cousa facía moi ben e a quen enviaba o novelo".
A continuación debería mandarlle o novelo ao seguinte.
Pasámolo de marabilla, pero o máis curioso foi cando tivemos que facer o camiño inverso, lembrándonos de cal era a habilidade do compañeiro/a anterior para así ir desfacendo a arañeira.
Divertímonos moito toda a clase.

Canción "Os meses do ano". Con pictogramas

Agora temos que aprender os meses do ano.

De Carmen Casado Gonzalez



                  

4 de dec. de 2016

E ti, de que tes medo?

          
                                    “Piper”, a última producción de Pixar  
            Dirección de Alan Barillaro e producción  de Marc Sondheimer









23 de nov. de 2016

Uxía

Hoxe estamos de festa!

É o aniversario de:
 Uxía !

Como somos uns larpeiros e larpeiras, estamos desexando que chegue o momento de felicitala e de comer a tarta!!!





26 de out. de 2016

Nayara

Atentos, Larpeiros e Larpeiras!

Hoxe é o aniversario de:

-Nayara-

Imos celebralo con ela, probando a súa tarta e pode que axudándolle a soprar as velas!



10 de out. de 2016

Empezamos o novo curso

Xa arrancamos o novo curso.
Vimos dispostos a disfrutar deste  ano pleno de aventuras por descubrir, non sabemos se serán suficientes todos os libros que están na Biblioteca para satisfacer a nosa curiosidade. 
Queremos darlle a benvida a profe Elena, que vainos acompañarno durante o noso percorrido por 2º.







26 de xuño de 2016

25 de maio de 2016

Letras Galegas 2016

Para celebrar as Letras Galegas, estivemos disfrutando co recitado das poesías de Manuel María.
                    
  



                     

17 de maio de 2016

Letras Galegas 2016: Manuel María

Para festexar o 17 de maio, a Biblioteca de Leirado presentounos algúns dos poemas musicados de Manuel María.
Clica en Manuel María
Clica en Manuel María

2 de maio de 2016

Día da árbore

O pasado mes de abril celebramos o Día da árbore, e que mellor que facelo coa plantación dunha cerdeira?

21 de abr. de 2016

Con Anxo Moure

O pasado xoves veunos visitar o autor de "A xacia Luviñas", Anxo Moure. Pincha na imaxe e poderás ler en "A biblio de Leirado" o que escribiron deste autor.

"A xacia Luviñas" de Anxo Moure

3 de mar. de 2016

El jardín de Sapo y Sepo

Despois de ler o conto de Sapo e Sepo, quíxen atopalo en película e compartilo con todos vós. Busquei moitísimo e por fin o encontrei pero ten un pequeno problemiña, que está en inglés...

           
Agora podes escoitar o relato.
                              

  Música de Pascal Ponceau ,    Versailles        (Le Ball) 2015

15 de xan. de 2016

O nacemento dun canguro

                                                                         Bohemioe

7 de xan. de 2016

Cancións fin ano de 2º

         Esta é a superactuación dos nenos e nenas de 2º interpretando "Dinosauro no Nadal" de Susa Herrera.     
 

                   

6 de xan. de 2016

Cancións fin ano de 1º


E aquí tedea a grande actuación de 1º, coa canción de Mamá Cabra: "Xa me tardan".