Hoxe os nenos e nenas de 2º traballamos cos paus de cores que serven para REVISAReREPASAR o que traballamos nas aulas! Qué cómo os usamos? Doado! En grupo, imos buscando as respotas correctas ás cuestións que están nos paus, e colocándoas na orde correcta! Mirade como o facemos e canto aprendemos!
Empezamos polo autorretrato e agora, que xa nos coñecemos un pouquiño máis, pasamos á autobiografía. Aproveitando que o outro día disfrutamos moitísimo coa biografía de Picasso, imos usala para explicar os pasos que teremos que dar para facer a "Nosa Autobiografía"
É verdade, traballamos moitísimo para preparar a curta da nosa amiga a ovella Catarina e os seus veciños: o porco Narciso, a pata Carlota, o galo Eduardo e o cabalo Furacán. E para que non se nos esqueza aquí vai unha pequena lembranza.
Despois de moito traballar na procura das ferramentas usadas para traballar o barro, conseguimos elaborar este documento coa finalidade de expoñelo no obradoiro de "Achegámonos á olería".
Despois do recitado de poesía de Rosalía de Castro, collémoslle gusto ás poesías e seguimos traballando con ela con este poema de Xose María Álvarez Blázquez, "O año pitaño":