20 de dec. de 2016

Festival Nadal 2016

 Para ir abrindo apetito, un pequeno adianto do Festival de Nadal 2016
               
                 
                                 Canción de Fito & Fitipaldis - Viene y va

 E aquí está o vídeo do festival.



6 de dec. de 2016

Teño que decidirme

Non só fixemos os alumnos/as unha dinámica, tamén as nais e pais fixeron a súa.
Si señor, foi unha experiencia estupenda.
A dinámica consistía en que as profesoras comentaban unha situación: Un grupo de rapaces van de excursión, na metade do camiño averíase o autobús...
... e tendo en conta a situación na que se atopa (non hai cobertura, están a pleno sol...), a mellor solución será a de ir buscar axuda ao pobo máis próximo.
Os cinco voluntarios non poden levar todo o que hai no autobús, pero si poderán levar cinco obxectos dunha grande lista.
Agora será o momento de poñer a funcionar as nosas cabezas, teremos que decidir eses cinco obxecto repartidos por equipos. E así vemos como a colaboración entre todos, axudaranos a facer a mellor selección.
Si señor, foi unha experiencia estupenda.


A arañeira


Este ano empezamos o curso, alá polo mes de setembro,  practicando unha dinámica: A arañeira.
A consigna era que cada un tiña que dicir "Que cousa facía moi ben e a quen enviaba o novelo".
A continuación debería mandarlle o novelo ao seguinte.
Pasámolo de marabilla, pero o máis curioso foi cando tivemos que facer o camiño inverso, lembrándonos de cal era a habilidade do compañeiro/a anterior para así ir desfacendo a arañeira.
Divertímonos moito toda a clase.

Canción "Os meses do ano". Con pictogramas

Agora temos que aprender os meses do ano.

De Carmen Casado Gonzalez



                  

4 de dec. de 2016

E ti, de que tes medo?

          
                                    “Piper”, a última producción de Pixar  
            Dirección de Alan Barillaro e producción  de Marc Sondheimer