2 de nov. de 2022

CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO

Cada un veu disfrazado da súa casa, e usamos as carautas terroríficas que que preparamos na aula.







25 de out. de 2022

NUMERACIÓN DO 1-29


Numeración hasta el 29

COMO FACER UNHA CARETA DE MONSTRO

 Temos que preparar unha careta para o Samaín.

1º- Pensaremos como serán os seus ollos 👀 para que den algo de medo:

- Número de ollos.

- A súa forma.

- Elementos que sobresaen.


2º- É o momento da naris👃e da boca👄. 

- Como é a forma delas.

- Os seus dentes.

- Pode sair algo.



 
Se xa está todo decidido, agora é o momento de CREAR a túa MÁSCARA.
👺👹👹👽👿


14 de out. de 2022

11 de out. de 2022

NUMERACIÓN DO 0-40

Localiza a todos os da familia do 10, 20, 30
 

                                                           La familia del 10, 20 y 30

NUMEROS 1-20

     

o

                                       Coloca os números: 

 

 

 

 

 

 

 



 

 

 



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                 Números del 1 al 20

7 de out. de 2022

29 de xuño de 2022

EXPOSICIÓN FIN DE CURSO

Chegou o último día da escola, e como xa ven sendo tradicional nos últimos cursos, celebramos a nosa exposición final do proxecto: FEIRATURLEIRADO.

Cada aula organizou un obradoiro para compartir coñecementos cos visitantes.

Foi unha xornada intensa na que nos visitaron familias, amigos, veciños e curiosos. A feira foi a escusa para recuperar a calor humana que tanto botabamos en falta. 

MOITAS GRAZAS A TODOS!

2 de xuño de 2022

O MAPUCHE SEN SOMBRA

 Na nosa viaxe a América do Sur chegamos á  Patagonia e alí descubrimos a lenda do "Mapuche sen sombra" de Ramón Girona, editorial El zorro rojo.

Lémola e preparámola moito e despois fixemos a gravación na radio da escola. Acompañámola das nosas ilustracións.

A continuación, pinchando na imaxe, podemos ver a Lenda do Mapuche, tamén teremos a posibilidade de escoitar a lenda de outros países.                             

                                                  👇




18 de maio de 2022

UN PINTOR

 Imos coñecer un pintor na nosa visita a América do Sur:

                                          XUL SOLAR

16 de maio de 2022

FAMILIA LECTORA DE ÓLIVER

De Óliver e da súa familia chegáronnos estas dúas narracións:

-"Unha historia" de Marianna Coppo, Editorial Kalandraka. Con esta narración podemos unha vez máis facer uso da nosa imaxinación.

 


 - "Despois da chuvia" de  , da Editorial Kalandraka. É necesario ler este libro para que comprendamos as nosas capacidades e creamos nelas.






 

                                       Moitas grazas Ana Belén e Óliver por agasallarnos

                                                               con estas narracións.

18 de abr. de 2022

A PASO DE TARTARUGA

Brais e o seu papá preparonnos unha narración que seguro nos gustará a todos.

 

 

Moitas grazas pola colaboración.  

12 de abr. de 2022

UNHA PORTADA PARA A NOSA REVISTA

 O Equipo de Dinamización da Lingua propón a creación dunha portada para a publicación anual da revista Agromar.

Pinchar na imaxen para ver o resto da información.



30 de mar. de 2022

LEMOS CON SILVIA, A MAMÁ DE VALENTINA



 Desta volta foi Silvia a que nos leu o conto de "Velliñas" de Charo Pita.

                                Pincha no conto para escoitalo 👇


 Silvia, moitas grazas por recordarnos que non son necesarias moitas cousas para ser feliz.





29 de mar. de 2022

MONTAÑAS CON PAPIROFLEXIA

 Seguimos construindo América do Sur no noso proxecto "A volta ao mundo en 160 días. Coñecer para comprender" .

Chegou o momento de representar a cordal dos Andes. Como poderíamos facer as montañas?

 



10 de mar. de 2022

LENDO CON ROSA, A MAMÁ DE LUCÍA

Hoxe recibimos a visita de Rosa para lernos un conto, de forma virtual.

 

 
 Moitas grazas Rosa pola colaboración.
 
 
"A mellor sopa do mundo"  é un deses contos que pódense escoitar unha e outra vez.

 

4 de mar. de 2022

FAMILIAS LECTORAS: BEA, A MAMÁ DE YAIZA

A lectura de "Saltón no camiño" de Arnold Lobel, foi co que nos deleitou Bea.

Escoitade atentamente.






Moitas grazas pola lectura, Bea.

8 de feb. de 2022

4 de xan. de 2022

VIAXANDO ATÉ AMÉRICA DO SUR

 Durante o 1º Trimestre estivemos organizando a nosa pequena Volta ao Mundo.

Os de 1º  irán até América do Sur.

Buscamos como facer a viaxe, características dos nosos medios de transporte, que países visitar, a xeografía deste continente...

Este que veredes a continuación foi o noso pequeno traballo:

Clica en América do Sur para poder velo 👇


 

3 de xan. de 2022

O FESTIVAL DE NADAL

Este foi o noso festival dende a distancia, aínda que os alumnos de 1º non poideron participar desexan felices festas a todos os compañeiros e compañeiras: