25 de nov. de 2018

MIKADO

Xogo de orixe xaponés.
Chámase así, por ser Mikado o nome que se lle daba ó emperador do Xapón.
Necesitarás paus pintados de distintas cores.
Podes pintalos cun rotulador.
Para non perdelos poderás gardalos nunha caixiña.
Cada pau ten un nome.


Regras do xogo
Foto da Wikipedia

Un xogador poñerá os paus de pé sobre a mesa e os soltará de repente.
O seguinte, intentará coller un pau sen mover o resto.
De mover algún, anotará os puntos do seu pau e xogará o seguinte.
Quen colla un Mikado ou un Mandarín poderá usalo para coller o resto.
Gañará o que máis puntos consiga.