Amosando publicacións coa etiqueta conto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conto. Amosar todas as publicacións

3 de maio de 2020

PARA UN DÍA ESPECIAL

Para todas aquelas persoas que durante estes días de cuarentena estiveron ao lado das súas fillas e fillos, sen esquecer os seus outros traballos; que se preocuparon pola familia, non tan só física tamén mentalmente. E en especial para as mamás que estiveron colaborando coas profesoras. Motas grazas.

 

22 de abr. de 2020

UNHA MOREA DE CONTOS

Novo conto para  #Eu quedo na casa.  
Eloi que con moitísima preparación e colaboración familiar, nos presenta este conto tan traballado.

13 de abr. de 2020

11 de abr. de 2020

UNHA MOREA DE CONTOS

Xa temos un novo conto, neste caso, foi Sara a irmá de Olga quen o enviou. Pero iso si, se estamos todos na casa, por que non colaborar? 



                

9 de abr. de 2020

UNHA MOREA DE CONTOS

Un día mais estamos coa nosa historia.
Este é un conto tradicional que todos escoitamos algunha vez, mais contado coa frescura de Olga e Sara que fai que pareza un novo. Houbo unha preparación do relato así como do decorado.
Disfrutade con el e non vos esquezades de enviarme os que teñades.



Divertímonos con este relato. #Eu quedo na casa

8 de abr. de 2020

UNHA MOREA DE CONTOS

Aquí estamos coa nosa proposta, un conto por día, dentro de #Eu quedo na casa.
Hoxe quen nos ofrece a súa narración é Xulia. Con unha posta en escea, preciosa e monicreques feitos na casa. Esta nena é unha artista.

SOS!!!!!!
Estanse acabando os contos, precisamos mais. Quen queira participar, aceptamos a colaboración aínda que sexan doutros cursos.👫👪👬👭👯 

7 de abr. de 2020

UNHA MOREA DE CONTOS

Seguimos coa nosa aportación a  #Eu quedo na casa.
Desta volta é o conto de Adrián:
"Fiz, o coleccionista de contos " de Fina Casalderrey, da Editorial PQO.
Escoitadeo e se vos gusta dádelle ao 👍

1 de abr. de 2020

UNHA MOREA DE CONTOS

Grazas a xenerosidade de moitas persoas podemos disfrutar, estes días, de contos nas nosas casas.
Nós quixemos aportar a nosa semente con contos das nosas casas para o mundo.
A primeira entrega é de Valentina, na que participou a súa familia.                                                                                                      
                                       

1 de abr. de 2018

Sabela e as fabas máxicas

Estivemos lendo o conto de "Sabela e as zocas máxicas" un recurso educativo elaborado polo Proxectoterra e decidimos compartilo con todos vós.




15 de maio de 2017

Lolo anda en bicicleta de Carlos Casares

Carlos Casares escribiu contos para nenas e nenos.
Lolo e a bicicleta é un deses ó que Anxopictogramas Pérez
convertíuno en un conto para todos.
 
 
http://anxopictogramas.blogspot.com.es/2016/12/conto-con-pictogramas-pdf-lolo-anda-en.html

20 de xan. de 2017

O raposo Rufo en o ataque dos escaravellos das patacas.


O raposo Rufo en....

O ataque dos escaravellos das patacas.

Sandra, a mamá de Miriam de 1º, viu lernos o conto do raposo Rufo ós nenos e nenas de 1º e 2º.

Se eres curioso ou curiosa, e queres saber máis, a biblioteca deber ir, e o conto deber pedir!

Mirade que ben o pasamos e canto aprendemos sobre a horta, as verduras e hortalizas! 

Se queres ver no Blogue da Biblioteca o conto de "O raposo Rufo en o ataque dos escaravellos das partacas"? Pincha na imaxe.
http://abibliodeleirado.blogspot.com.es/2017/01/o-raposo-rufo.html

3 de mar. de 2016

El jardín de Sapo y Sepo

Despois de ler o conto de Sapo e Sepo, quíxen atopalo en película e compartilo con todos vós. Busquei moitísimo e por fin o encontrei pero ten un pequeno problemiña, que está en inglés...

           
Agora podes escoitar o relato.
                              

  Música de Pascal Ponceau ,    Versailles        (Le Ball) 2015

5 de xuño de 2015

Chímpate, Pepa!

Guillerme encargouse de traernos un conto  moi estival, no que podemos visitar as illas Cies.

http://abibliodeleirado.blogspot.com.es/2015/06/chimpate-pepa.html
Biblioteca de Leirado
                                                                                           Clica na imaxe.

 

Con todos nós, o papá de Xian!

18 de maio de 2015

Sopa de nada

O pasado xoves veunos visitar a tía de Félix de 1º, pero non veu soa, fíxose acompañar do conto popular "Sopa de nada".

http://abibliodeleirado.blogspot.com.es/2015/05/contos-populares.html
Biblioteca de Leirado



             Clica na imaxe.

Dinosaurio Belisario

Connosco estivo Azucena, a mamá de Xabi e Xurxo, con este libro de rimas do tirano Belisario.
        

Biblioteca de Leirado
Biblioteca de Leirado



               Clica na imaxe.

20 de abr. de 2015

A casa dos gatos

A mamá de Lucía contounos este precioso conto. 

A Bibloteca de Leirado
Biblioteca de Leirado


          Clica na imaxe.

8 de mar. de 2015

A memoria das árbores

Veu a mamá de Gael con este libro no que nos falan de nosas amigas as árbores.
Biblioteca de Leirado
      

                       



                     Clica en Tano


4 de mar. de 2015

O xastriño valente


Elena, a mamá de Manu, visitounos para contarnos este fermoso conto.
a biblio de leirado



   
               Clica enriba
                 do Xastriño










21 de feb. de 2015

Os catro amigos

     A última visita foi a de Aurora, a mamá de Raúl e Mara, que veu presentarnos aos de 1º e 2º "Os catro amigos" da editorial Kalandraka, adaptación do conto clásico dos Irmáns Grimm.   
                                                              
Pulsa e enlaza coa Biblioteca de Leirado