14 de dec. de 2019

UNHA MENSAXE DA TERRA Oviravai

TRAIO UNHA MENSAXE DA TERRA

Traio unha mensaxe da Terra,
traio unha mensaxe da Terra.
Traio unha mensaxe que tes que saber,
unha mensaxe que non debes esquecer.

Persigamos unha meta
e coidemos do planteta.
Xa verás que fácil é
con pequenos xestos.

Coidame, coidame, coidame moito
coidame, coidame, coidame mais.
Que bonito é ver o mar
e sentir o vento.

         

2 de dec. de 2019

28 de nov. de 2019

UN IGLÚ

A auga é tan importante que sen ela non podemos vivir. En algúns lugares incluso a usan, en estado sólido, para facer os seus fogares. Vexamos como o fan.

20 de nov. de 2019

O MOVEMENTO DE TRASLACIÓN


Que relación existe entre as estacións do ano e o movemento de traslación?

Como son as estacións nos polos da Terra? 

     

20 de set. de 2019

FACEMOS UN MURAL PLEGANDO PAPEL

Primeiro teremos que informarnos como podemos facer cada un dos elementos.

1- Un barco.



 2- Un peixe.

3- Unha flor.

4- Un paxaro
                              

3 de xul. de 2019

FICHEIRO DO PROXECTO

Durante este curso os alumnos de 1º estiveron traballando co proxecto "Xogamos?". Estes son os seus traballos referentes a este tema.

https://issuu.com/maristelaocampo/docs/portfolio_693f23e61f1b30

1 de xuño de 2019

ELABORANDO XOGUETES

Estivemos informándonos como construir mariquiñas, un Mikado, un bólido, un muíño de vento e un paracaídas.
Traballamos moito e aínda nos divertimos máis. 


   






             


           

20 de maio de 2019

MARIQUIÑAS



Este ano redescubrimos as 
mariquiñas na escola. 









 







    Investigamos
    sobre elas, e todo o que se 
    construían. Diseñamos as súas 
    roupas, zapatos e complementos.
                      
                                           
  
Convertímonos en mariquiñas, vestímonos e colocámonos a cada un na súa parroquia. 



                                                                        E preparamos un programa     
                                                            para a radio "As Lerias de 
                                                            Leirado".

                                                         
                                                                      
                                                                      
  


Podedes escoitalo a continuación.


6 de mar. de 2019

XOGOS DA GOMA: CHOCOLATE

Materiais:
Unha goma.

Como xogar:
- Onde colocar a goma?
1ª Nocellos
2ª Na barriga das pernas
3ª Xeonllos
4ª Nas cachas
5ª Cintura
6ª Sobaco

- Sáltase como se indica na figura. 

- Dise "Cho-co-la-te" e a cada sílaba damos un salto..
Cando rematamos pasamos á altura seguinte.

Fonte da imaxe e da información: "Chirlomirlos" de Antón Cortizas.


XOGO: AS CATRO ESQUINAS

Chámase catro esquinas, pero póñense unha menos que o número total de xogadores.
Materiais:    
- Esquinas, que poden ser de paredes, aros, pedras ou calquera material que sinale unha "casa".

Como xogar:
Botamos a sortes para ver quen queda no centro.
Os demáis colócanse nas "esquinas".
O que está no centro canta:
               "As catro esquinas libres quedan.
                O que non sae, queda".
Entón todos saen e buscarán esquina.
Queda unha persoa sen esquina e empezamos novamente.
Se alguén non sae, o do medio deberá  sinalalo e pasará ó centro.

                            Fonte da imaxe: Banco de imaxes do MEC.
                            Fonte do xogo: Blog Xogos Populares.





25 de feb. de 2019

É TEMPO DE ENTROIDO

Empecemos a disfrutar esta semana do Entroido.
Se queredes podemos prepararnos cantando con este karaoke.

https://abibliodeleirado.blogspot.com/2019/02/e-tempo-de-entroido.html?m=1

5 de xan. de 2019

MIKADO

Esta é a presentación de xogo do MIKADO.


http://xogamosmellorxuntos.blogspot.com/2019/01/mikado.html

O XABÓN

Era a hora de merendar e Adrián colleu o xabón e preguntóulle a Valentina:
-E isto, como se usa?
A partires desta pregunta elaboraron a película. Fixeron o diálogo, a lista do decorado, buscaron a música e por último rodamos a peli.