6 de mar. de 2019

XOGOS DA GOMA: CHOCOLATE

Materiais:
Unha goma.

Como xogar:
- Onde colocar a goma?
1ª Nocellos
2ª Na barriga das pernas
3ª Xeonllos
4ª Nas cachas
5ª Cintura
6ª Sobaco

- Sáltase como se indica na figura. 

- Dise "Cho-co-la-te" e a cada sílaba damos un salto..
Cando rematamos pasamos á altura seguinte.

Fonte da imaxe e da información: "Chirlomirlos" de Antón Cortizas.


XOGO: AS CATRO ESQUINAS

Chámase catro esquinas, pero póñense unha menos que o número total de xogadores.
Materiais:    
- Esquinas, que poden ser de paredes, aros, pedras ou calquera material que sinale unha "casa".

Como xogar:
Botamos a sortes para ver quen queda no centro.
Os demáis colócanse nas "esquinas".
O que está no centro canta:
               "As catro esquinas libres quedan.
                O que non sae, queda".
Entón todos saen e buscarán esquina.
Queda unha persoa sen esquina e empezamos novamente.
Se alguén non sae, o do medio deberá  sinalalo e pasará ó centro.

                            Fonte da imaxe: Banco de imaxes do MEC.
                            Fonte do xogo: Blog Xogos Populares.