29 de dec. de 2013

Aí vai o señor Noé


POPU-RUI 
Aí vai o señor Noé
comandando o batallón.
O mono vai sentado
na cabeza do león.
O gato fai "miau",
miau, miau, miau!
O can fai "guau",
guau, guau, guau!
Perú fai "brbrbrbr"
carneiro fai"beeee"!
E o galo cando quer
quequerequequequequé.

Temas populares de Galiza e Portugal 
 de María Fumaça


Neste Nadal  bailamos e divertímonos coa canción de María Fumaça.

CLICA NA FOTO PARA ESCOITAR
Queres escoitar a música?
 

15 de dec. de 2013

Animais mamíferos moi especiais

O  MORCEGO
Estivemos vendo, nas clasificacións dos animais, as características comúns ós mamíferos e concluímos que esas características eran: 
                         - todos son vivíparos
                         - todos son vertebrados
                         - todas as crías aliméntanse do leite materno

Entre os mamíferos "excepcionais", atopámonos co morcego e os cetáceos que parecen diferentes de outros mamíferos porque os seus corpos están preparados para voar ou somerxerse. Estes animais considéranse mamíferos porque as súas crías nacen do ventre da súa nai e porque se alimentan de leite. 
Yubarta saltando fuera del agua.


<iframe width="420" height="315" src="//www.youtube.com/embed/JEg4xDbAHIE?rel=0" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>






Vídeo de Mario Alejandro López Castillo

11 de dec. de 2013

27 de nov. de 2013

Por que os elefantes teñen trompa?

Este conto do libro de Lingua Galega, da  unha explicación fantástica da trompa dos elefantes.
O seu escritor, Rudyard Kipling, é o mesmo que escribiu o Libro da Selva e aproveitando podemos ver un fragmento deste último.

A marcha dos elefantes

21 de nov. de 2013

Do Autorretrato á Autobiografía

Empezamos polo autorretrato e agora, que xa nos coñecemos un pouquiño máis, pasamos á autobiografía.
Aproveitando que o outro día disfrutamos moitísimo coa biografía de Picasso, imos usala para explicar os pasos que teremos que dar para facer a "Nosa Autobiografía"

12 de nov. de 2013

Tivemos unha visita!!!

Despois de ter marchado da escola sen poder despedirnos, Nuria veunos facer unha visita e contarnos como lle vai na nova escola.

11 de nov. de 2013

O noso corpo

Agora que xa aprendimos moito sobre o noso corpo, vamos a comprobar que é o que sabemos.

http://www.educa.madrid.org/binary/367/files275/a/00/index.html

14 de out. de 2013

Comezamos o novo curso 2013-2014

Xa estamos aquí novamente con moitas ganas de traballar, divertirnos e compartir con todos as nosas experiencias.
                                           

17 de xuño de 2013

COMO TRABALLAMOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!

É verdade, traballamos moitísimo para preparar a curta da nosa amiga a ovella Catarina e os seus veciños: o porco Narciso, a pata Carlota, o galo Eduardo e o cabalo Furacán.
E para que non se nos esqueza aquí vai unha pequena lembranza.



Montaxe da curta from mave on Vimeo.

14 de xuño de 2013

XA CHEGARON AS NOSAS PELIS...

Despois de tanto traballo e de esperar moitísimo, por fin chegou a NOSA CURTA.

1º e 2º de Primaria: Troco

   

Se queredes mirar as outras curtas, só tedes que pinchar no blogue A nube da lingua




FERRAMENTAS DA OLERÍA

Despois de moito traballar na procura das ferramentas usadas para traballar o barro, conseguimos elaborar este documento coa finalidade de expoñelo no obradoiro de "Achegámonos á olería".

9 de xuño de 2013

A viaxe de Olaf

Na clase; Martín, Miguel Ángel, Lucy e Nuria, decidimos contar aos demáis o conto de Olaf.
 

6 de xuño de 2013

Aniversarios do mes de maio

Toda a aula desexa moitiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisimas felicidades a Ainoa, e grazas por ternos aguantado pacientemente todo o ano.

16 de maio de 2013

17 de maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Xa está conosco o 17 de maio e para celebralo, aparte do noso festival, A nube da lingua mostrounos un vídeo que merece que lle adiquemos uns minutos.


1 de maio de 2013

LIBERESPAZO

Na nosa aula andamos un pouco preocupados porque aínda non conseguimos encher ningún Pase do Liberespazo, e non sabemos se chegaremos a tempo...




24 de abr. de 2013

17 de abr. de 2013

16 de abr. de 2013

CONTOS DE RATOS CON ARTE

A semana pasada viñeron a vernos os contacontos de Kalandraka, Olalla e Marc que nos fixeron pasar uns momentos estupendos contándonos e ilustrando contos de "Ratos".
Preme na foto para saber máis

3 de abr. de 2013

15 de mar. de 2013

OS MAMÍFEROS

Dende pequeniños mamamos o leitiño de mamá, acaso somos nós mamíferos?
   
                   

14 de mar. de 2013

3 de mar. de 2013

ANIVERSARIOS DO MES DE FEBREIRO

Durante este mes estiveron celebrando os seus 8 aniño: Verónica e Miguel Ángel.
Parabéns meus amiguiños.




25 de feb. de 2013

O AÑO PITAÑO

Despois do recitado de poesía de Rosalía de Castro, collémoslle gusto ás poesías e seguimos traballando con ela con este poema de Xose María Álvarez Blázquez, "O año pitaño":


6 de feb. de 2013

MÁIS FRUTA ?????????????

Este ano parece que o entroido vai de frutas..., peras, mazás, uvas; todo o necesario para facer unha boa macedonia.
Por de pronto, engánchate á fruta con este vídeo.
            

27 de xan. de 2013

VIVAMOS A PAZ CON UNHA POESÍA

Estivemos preparando na clase dous versos que    nos regalaron da poesía de Xosé Neira Vilas,  Cantarola dos nenos". E este foi o proceso:
 1º Límos os versos atentamente
2º Repartímonos os versos e as palabras
3º Buscamos as letras nos xornais e revistas e
pegamolas.
E así foi o resultado.

  
 
 Se queredes podedes escoitar a poesía.



Cando rematamos os versos, quedámonos pensando: "Cal será o tamaño do poema?". Despois de darlle moitas voltas, Lucy chegou á seguinte conclusión:
Cálculo do número de versos de un poema from mave on Vimeo.

Finalmente concluímos que eran 16 versos. 

A continuación xuntamos os versos de todas as clases e formamos o poema de Neira Vilas, "Cantarolas".



Oh,...!!! Vaia sorpresa; non había 16 poemas, e si 20. Pero informáronme de que o Trasgo dos Poemas deulle a algunha clase algún verso  de máis.


Trasgo dos Poemas

10 de xan. de 2013

PARABÉNS "AGROMAR"

A nosa revista escolar  "Agromar",  cumple o seu 50 aniversario. Moitas felicidades.
A continuación enlázovos co blogue de Normalización da escola: "A nube da lingua", para que poidamos disfrutar coa publicación en cor.


3 de xan. de 2013