29 de xuño de 2012

14 de xuño de 2012

QUE É A PAPIROFLEXIA por Yeneva Garrido Fernández

 

Traballamos o papel 

Os nenos e nenas de 2ºestán traballando con a papiroflexia, que é facer
cousas dobrando o papel.

Xa fixemos: unha galiña,un pato, un cabaloe unha vaca.

                                      













 

                                                                      Galiñas, patos, cabalos, vacas, porcos ...  toda 
unha variedade de animais para formar 
unha granxa totalmente
xeométrica 
                                                   

.


A ROMARÍA DA FRANQUEIRA por Icía Domínguez Rodríguez e Jon Santarén Álvarez

Podemos ver  as santas colocadas, así como a música.Por Icía




Na romaría de A Franqueira danse
cita 20.000 fieles.
Este ano cambiaron as santas de sitio na Franqueira, para un
sitio máis espacioso con unha carpa branca e ademais
con música.

Estaba o santo do barrio de San Roque en Leirado: San
Roque, a Virxe da
Luz de Meder...
1

OS CANS TAMÉN MORREN por Andrea Estévez González

Momento no que o coche bate contra o desafortunado can. Por Andrea

Na estrada de Leirado a Ponteareas, houbo
un accidente.
Un coche atropelou a
un can, deixandoo
tirado na gavia.

Ninguén lle fixo caso...
Pobre can!!!

12 de xuño de 2012

ADEUS ÁS FAIAS por Anxo Martínez Costas e Kevin Alvites Míguez



Despedida ás vellas faias 

Homes do Concello cortando as faias.
Por Kevin Avites Míguez
Na escolade Leirado cortaron as árbores chamadas faias.
Cortáronnas porque moitos nenos e nenas son alérxicos ás flores que caen da árbore.
Os redactores de “A buguina de 2º” disfrutan da “neve”
das nosas queridas faias. Botarémolas en falta.


O BOLEIBOL por Jon Santarén Álvarez

Nenas xogando ao boleibol. Por Icía e Andrea

Quítase co pulso.
Se cae ao chan no outro campo o punto é para vós.
Material necesario: 
  • Fai falta un balón de boleibol.
  • Unha rede.
                                         
  • E un campo para xogar. (Curioso detalle!!!!!)
  • Catro xogadores.
  • E tamén as animadoras.(Que non falten!!!)



MORTE DUN PAXARO por Jon Santarén Álvarez


31-05-2012 
 
Hoxe os nenos e nenas de 1ºe 2º de primaria da Escola de Leirado, colleron un paxariño en Leirado.
Un neno de 2º, chamado Jon, está estudando o paxariño; fai un debuxo 
e escribe sobre el.
Despois do estudo chegou á seguinte
conclusión:

  - Estaba morto e coa cabeza aplastada.
  - Estaba sen ollos.
  - Tiña o pico roto e algo de sudiedade.
  - Tamén tiña cortes e feridas.
   - Ademais víaselle uns peliños.
  - Tiña unha pata.

Todo isto foi posible velo gracias á lupa que temos na clase.                           
Niño e paxariño visto cos ollos do investigador. Por Jon
 







5 de xuño de 2012

Revista Escolar: AGROMAR 49

Como sei que sodes un pouco preguiceiros, poñovos a nosa revista escolar que está colocada no blogue de Normalización "A nube da lingua", para que a vexades en cor.

O XEOPLANO

Seguimos traballando coa xeometría.
No blog de 3º, "Sexamos curiosos" colocaron un xeoplano moi bon para calcular as lonxitudes, perímetros...
Vaiamos visitalos






2 de xuño de 2012

AVENTURA NA PRAIA por Yeneva Garrido Fernández


Aquí temos unha nova entrega da "Contista" Yeneva. Parece que cada día está máis animada coa escritura.

"Un día fuí a la playa con mi amiga Alba y estuvimos jugando en la arena haciendo castillos.

De pronto, vino la marea y nos destruyó los castillos y a nosotras nos arrastró.
Después, vino otra ola y nosotras la saltamos.
Luego, fuimos paseando hasta la otra orilla .
Al final, llegamos al parque y nos columpiamos.