Amosando publicacións coa etiqueta 2013. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2013. Amosar todas as publicacións

29 de dec. de 2013

Aí vai o señor Noé


POPU-RUI 
Aí vai o señor Noé
comandando o batallón.
O mono vai sentado
na cabeza do león.
O gato fai "miau",
miau, miau, miau!
O can fai "guau",
guau, guau, guau!
Perú fai "brbrbrbr"
carneiro fai"beeee"!
E o galo cando quer
quequerequequequequé.

Temas populares de Galiza e Portugal 
 de María Fumaça


Neste Nadal  bailamos e divertímonos coa canción de María Fumaça.

CLICA NA FOTO PARA ESCOITAR
Queres escoitar a música?
 

6 de xuño de 2013

Aniversarios do mes de maio

Toda a aula desexa moitiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisimas felicidades a Ainoa, e grazas por ternos aguantado pacientemente todo o ano.

16 de maio de 2013

17 de maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Xa está conosco o 17 de maio e para celebralo, aparte do noso festival, A nube da lingua mostrounos un vídeo que merece que lle adiquemos uns minutos.


3 de mar. de 2013

ANIVERSARIOS DO MES DE FEBREIRO

Durante este mes estiveron celebrando os seus 8 aniño: Verónica e Miguel Ángel.
Parabéns meus amiguiños.




27 de xan. de 2013

VIVAMOS A PAZ CON UNHA POESÍA

Estivemos preparando na clase dous versos que    nos regalaron da poesía de Xosé Neira Vilas,  Cantarola dos nenos". E este foi o proceso:
 1º Límos os versos atentamente
2º Repartímonos os versos e as palabras
3º Buscamos as letras nos xornais e revistas e
pegamolas.
E así foi o resultado.

  
 
 Se queredes podedes escoitar a poesía.



Cando rematamos os versos, quedámonos pensando: "Cal será o tamaño do poema?". Despois de darlle moitas voltas, Lucy chegou á seguinte conclusión:
Cálculo do número de versos de un poema from mave on Vimeo.

Finalmente concluímos que eran 16 versos. 

A continuación xuntamos os versos de todas as clases e formamos o poema de Neira Vilas, "Cantarolas".



Oh,...!!! Vaia sorpresa; non había 16 poemas, e si 20. Pero informáronme de que o Trasgo dos Poemas deulle a algunha clase algún verso  de máis.


Trasgo dos Poemas

16 de xan. de 2013

ANIVERSARIOS DO MES DE XANEIRO

Desta volta temos aniversario por partida dobre, Lucy e Saray.
Proba para ver se sabes quen é quen.
Feliz aniversario!!