18 de out. de 2017

Un regalo

arbol-imagen-animada-0139Sara trouxonos a todos un pequeno presente: unha landra para cada un da clase.    
          
Decidimos que as plantaríamos nun vaso e as deixaríamos na aula até que empezasen a medrar para levalas para casa.

Estamos desexando ver como empeza medrar o noso carballo´.

Como aínda falta moito, podemos ir dando un pequeno adianto de como pode ser a nosa plantiña.

      

12 de out. de 2017

Lectura inclusiva

Iniciamos o día coa Hora de Ler.
Cada quen sabe o que ten que facer.
Distribuímonos polas mesa, nos dous ordenadores e no Cantiño da Lectura.
Este é nosa última sección. A intención era de que fose un lugar agradable para ler no que promover unha lectura inclusiva e fomentar a lectura. Unha zona da aula onde todos estamos desexando ir pois alí atopámonos tan cómodos coma no sofá da nosa casa.
Cada quen aporta a súa sabiduría, o bon facer, os seus coñecementos lectores (Xa son moitos que estamos en 2º!!!), ou as súas habilidades sociais.
É sorprendente o moito que aprendemos todos!
Compartimos con vós estes fermosos momentos.

                
          

11 de out. de 2017

EMPEZAMOS O NOVO CURSO

Iniciamos o novo curso con moitas ganas de volver a vernos e saudarnos despois dun longo verán.

Pero non eramos os únicos,  Pacho tamén quería comunicarnos algo:



Proxecto : primeira misión
      
    ceip de leirado
    a bibliodeleirado@gmail.com                                               28sept.

               Queridos nenos e nenas:
               Que sabemos de arte?
               Seguro que algo sabemos, pero este curso imos convertirnos en
               EXPERTOS E EXPERTAS EN ARTE! coa axuda da Biblioteca, 
               da internet, do que nos conten, do que vexamos e escoitemos...


              PRIMEIRA MISIÓN:
              Deberemos traer ao cole imaxes, non moitas
              (como moito cinco cada un), nas que nós pensemos que hai ARTE.
              Poderán ser fotos feitas por vós ou
              imaxes recortada de revistas ou folletos.
              Aquí vos deixo o vídeo de presentación.

              Agardo impaciente.
  
              Pacho




              Proxecto: primeira misión

15 de maio de 2017

Lolo anda en bicicleta de Carlos Casares

Carlos Casares escribiu contos para nenas e nenos.
Lolo e a bicicleta é un deses ó que Anxopictogramas Pérez
convertíuno en un conto para todos.
 
 
http://anxopictogramas.blogspot.com.es/2016/12/conto-con-pictogramas-pdf-lolo-anda-en.html

A flor e as súas partes

Hoxe fomos regar as patacas e descubrimos varias flores e que ademais sabíamos moi pouco sobre elas. 
Empecemos a estudalas.!!



http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/cm3_u7_flores/frame_prim.swf
Primaria. Libros Vivos.net 

12 de maio de 2017

Os xirasoles de van Gogh

Seguimos traballando cos xirasoles como o fixo un grande pintor, Vicent van Gogh. Realmente, el adicouse a pintar estas flores que lle atraían pola súa cor e nós preocupámonos porque medren moito na nosa horta.



                             Jarrón con doce girasoles, de Vicent van Gogh
                                            Museo de Arte de Filadelfia

Como estamos moi interesados por esta planta seguirémonos informando e intentaremos pintar un cadros con xirasoles que seguro que intusiasmarían a van Gogh.

Ide vendo esta peli de "Las tres Mellizas e Vicent van Gogh"  mentres preparamos as pinturas.





25 de abr. de 2017

Como sementar xirasoles

Como podemos facer para plantar sementes de xirasol?
Para informarnos recurriremos ao vídeo de "La Huertina de Toni".



7 de abr. de 2017

Exposición de Cadros

Nesta semana disfrutamos na Biblioteca da Exposición de Cadros de Patricia Vilas, foi un auténtico luxo ter un museo no Cole.
Fixemos unha visita e David descubriu un cadro no que estaba pintado o camiño que ía a súa casa.
Tamén decatámonos de que o mar e o ceo teñen moitas cores...



 Decidimos facer unha saída ao patio para comprobar as cores dos troncos das árbores, que sempre pintamos de marrón, chegando a conclusión de que non deben ser monocromáticos.
Polo que puxemémonos a pintar a natureza...


20 de mar. de 2017

Con todos nós, un escritor

Nesta ocasión veunos visitar Rafael, o papá de Bruno.
Pincha na imaxe para ir ao blogue da Biblioteca e ler máis.





http://abibliodeleirado.blogspot.com.es/2017/03/con-todos-nos-un-escritor.html


10 de mar. de 2017

Bruno e Yoel

Hoxe é un gran día:

Bruno e Yoel cumpren 9 anos!


Imos celebralo cunha tarta que fixo a súa mamá!

Esperemos que lles sobre un anaco, para compartir con nós!
Namentres, imos soprar as velas e cantar en inglés e castelán, todo xunto e á vez!!!! :)


Torres de multiplicacións!


Xa empezamos a multiplicar, e para seguir avanzando e aprendendo, nada mellor que facelo xogando, coas:

 TORRES de MULTIPLICACIÓNS!

Con este xogo traballamos as táboas (1, 2 e 10), a motricidade fina equilibrio, a atención, a paciencia e a traballar en equipo!!!








9 de mar. de 2017

As pipas

Hoxe teremos que crear palabras con un alimento.



                           A  PIPAS






Poderán ser palabas sobre:
  •     Alimentos
  •     Flores
  •     Vertebrados
  •     Insectos
  •     Mamíferos
Ti decides, pero deberá  ser
                            Algo que che guste moito

Estivemos traballando moito coas PIPAS  e estes son algúns dos nosos traballos.
 



5 de mar. de 2017

Entroido 2017

Na nosa horta esperamos conseguir unha grande variedade de plantas, pero seguro que as teremos que compartir con outros seres vivos.
Para irnos familiarizando con eles, disfrazámonos destes pequenos animaliños para o Entroido.
De ratos e de arañas fomos os de 1º e 2º, que vos parece os nosos disfraces?

                                                             🕷
🐭

                                  🐁

Pincha na cámara de vídeo para ver a película    📹

3 de mar. de 2017

OS PAUS REVISORES!!!!


"PAUS REVISORES"!!!

Qué son? 
Para qué serven?
Cómo os usamos?

Hoxe os nenos e nenas de 2º traballamos cos paus de cores que serven para REVISAR e REPASAR o que traballamos nas aulas!

Qué cómo os usamos? 
Doado! En grupo, imos buscando as respotas correctas ás cuestións que están nos paus, e colocándoas na orde correcta!

Mirade como o facemos e canto aprendemos!


23 de feb. de 2017

Ratos e Arañas: Chegou o Entroido a clase de 2º!


Ratos e Arañas!

As nenas e nenos de 1º e 2º estamos preparados para desfrutar do Entroido!






Lectura compartida

 Hoxe toca:
LECTURA COMPARTIDA!!!!

Os dinosauros gustánlles moito  ás nenas e nenos de 2º, a través do traballo cooperativo e da lectura compartida, aprendemos vocabulario, traballamos Lingua Castelá, Ciencias Naturáis e Ciencias Sociáis! E non podemos esquecernos das Mates!

Todo iso facemos!

Mirade que concentrados están a ler!




21 de feb. de 2017

OS LARPEIROS!!!

Chegou o Entroido a Leirado!!!

E como somos uns larpeiros e larpeiras, os nenos e nenas de 2º teñen que probar todos os doces típicos destas datas!!!!

Mirade que lambóns!!!




14 de feb. de 2017

Dobre +1

Hoxe os nenos e nenas de 2º aprendemos o DOBRE +1, tirando cos dados de cores, unhas veces cun dado, outras con dous!


Mirade canto aprendemos e que ben o pasamos!!!
Estos nenos e nenas, están desexando que chegue a hora das mates!!!! ^^

10 de feb. de 2017

Hoxe comeza todo!

Hoxe comeza todo!
Hoxe é o día en que sementamos!
Hoxe é o día  das nosa sementes!

Álvaro, Amalia e Adrián cóntannos que van sementar!
Aquí temos a Uxía, Héctor, Nayara e Marío!



A continuación...Alex, Paula e Bruno!
Para rematar, pero non menos importantes:
Diego, Nahir e Yoel!




Se queredes saber qué ocorre coas nosas sementes, estade atentos o noso blogue!!!

9 de feb. de 2017

Dobre ou Metade1

Hoxe os nenos e nenas de 2º van traballar o 
DOBRE e a METADE. 
Para iso imos xogar con dados de cores!
Mirade que ben o pasamos e canto aprendemos!




8 de feb. de 2017

A sementar!!!

Hoxe fomos coa Profe Aurora a aprender cómo mezclar a terra e o compost, para así comezar a facer os nosos sementeiros!

Mostrounos o COMPOSTEIRO e vimos as diferentes fases polas que pasa a materia orgánica, antes de converterse en "HUMUS", que é unha sustancia de cor negro ou pardo, moi beneficiosa para o noso solo. Algo moi interesante, é que o HUMUS (que é de materia orgánica, como follas ou esterco está habitada por microorganismos e por miñocas e parte do seu peso remata por ser humus!!!).

Algo moi importante e que non debemos esquecer., é que o COMPOST procede da descomposición de materia orgánica como: follas, ramas, restos de verduras, etc.

Se queredes saber qué, cómo e cando imos sementar, só tedes que facernos unha visita!


Moitas grazas Profe Aurora !!!!


7 de feb. de 2017

Multiplicaciones de colores

Multiplicacións de cores

Os nenos e nenas de 2º están a aprender a multiplicar!
Se queres aprender con eles, presta moita atención o que están a facer!


4 de feb. de 2017

Cumples de 1º , 1º Trimestre

Parabéns para todos os que celebraron os seus aniños no primeiro trimestre: Sofía, Sara Davila, Miguel e David.
 
      
                              - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

3 de feb. de 2017

A memoria das árbores

A memoria das árbores

Desta volta, foi María, a mamá de Amalia,  de 2º quen nos veu a leer este conto de Xosé Neira Cruz

Cando Tano naceu, seus pais plantaron no xardín da casa a semente dunha árbore, dun baobab para que medrara canda él. 
Sempre celebraban os seus aniversarios xuntos, pero nun cando Tano cumple cinco anos, pensa que esa celebración non é suficiente e sube un anaco de pastel o seu cuarto para o baobab. 
Mais pola noite, alguén chama a súa xanela e...


2 de feb. de 2017

Aprendendo a sementar ou cómo facer sementeiros!

Hoxe tivemos a Aurora, unha mamá experta, que nos explicou como facer sementeiros con tomates, pementos e leitugas. 
Cómo facer sementeiros dentro da nosa aula para as plantas que non soportan o frío do invernos, ou cómo mezclar o compost e a terra (pero esa, a do compost, é outra historia)

Velaiquí unha pequena mostra do que aprenderon os nenos e nenas de 1º e 2º!







30 de xan. de 2017

DÍA ESCOLAR  DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Tódolos 30 de xaneiro conmemoramos a morte de GHANDI, cuxas ensinanzas inspiraron os movementos pacifistas do mundo. 

Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia, creado polo Inspector de Ensino Lorenzo Fidal, e co fin de levar a cabo esta xornada educativa, os nenos e nenas de 2ºEP sementan mensaxes cheos de valores e paz. 














27 de xan. de 2017

Diego cumpre anos!!!

Hoxe é o día de: 
Diego!

Para celebralo convidounos a unha tarta de 3 chocolates, feita pola súa mamá1
Desexámoslle un feliz aniversario e que todos os seus desexos se fagan realidade!







20 de xan. de 2017

O raposo Rufo en o ataque dos escaravellos das patacas.


O raposo Rufo en....

O ataque dos escaravellos das patacas.

Sandra, a mamá de Miriam de 1º, viu lernos o conto do raposo Rufo ós nenos e nenas de 1º e 2º.

Se eres curioso ou curiosa, e queres saber máis, a biblioteca deber ir, e o conto deber pedir!

Mirade que ben o pasamos e canto aprendemos sobre a horta, as verduras e hortalizas! 

Se queres ver no Blogue da Biblioteca o conto de "O raposo Rufo en o ataque dos escaravellos das partacas"? Pincha na imaxe.
http://abibliodeleirado.blogspot.com.es/2017/01/o-raposo-rufo.html