25 de abr. de 2012

O Día do Libro

Para celebrar esta data os nosos compañeir@s de 3º nos agasallarán, cada día desta semana, con o relato de un conto. Non temos máis que expresarlle o noso agradecemento por adiantado.

por Leticia Castro Acuña

LUNS, 23/04/2012
O primeiro presente foi o de "Xarnadán e a becha", no que esta última se comporta coma o alacrán, que pica ao quen o salva pois "así é a súa natureza".





MARTES, 24/04/2012
"O souto escuro e perigoso",  conto de medo, que nos fai caer na conta de que as veces os máis grandes non son os máis perigosos.









MÉRCORES, 25/04/2012
"A princesa Sabela". Que marabilloso é ser princesa... ou non?
Descubramos o que nos quere explicar a princesa Sabela.
Foto cedida por Curiosiña







































XOVES, 26/04/2012
Foi o día de "Confundindo historias"  de Gianni Rodari , e nos sorprendimos de como pódese contar o conto de Carapuchiña dende unha nova perspectiva.





VENRES, 27/04/2012
Última xornada de agasallo de lectura, e como nos rimos!
"A aventura sorprendente dun homiño moi valente"
nos relata como a partires dunha esponxa pode acontecer o impensabel.


23 de abr. de 2012

Día do Libro

Para celebrar o día do libro a nosa biblioteca e os seus axudantes de 6º, prepararon un programa especial. Podemos velo pinchando na imaxe:

18 de abr. de 2012

CUIDADOS DAS PLANTAS, por Yeneva Garrido Fernández

Esta clase de 2º segue con moitas ganas de traballar e hoxe será Yeneva a que se estrenará nesta sección de pequenas e pequenos escritores.

17 de abr. de 2012

Por que non traballamos coas unidades, ...?

Xa vai sendo hora de que adiquemos uns cuantos xogos a traballar as unidades, decena e centenas.
Ánimo e pincha na imaxe.










11 de abr. de 2012

A PRIMAVERA de Icía Domínguez Rodríguez

Nesta ocasión, será  Icía a que publicará por primeira vez na sección de "Contistas".