29 de xuño de 2022

EXPOSICIÓN FIN DE CURSO

Chegou o último día da escola, e como xa ven sendo tradicional nos últimos cursos, celebramos a nosa exposición final do proxecto: FEIRATURLEIRADO.

Cada aula organizou un obradoiro para compartir coñecementos cos visitantes.

Foi unha xornada intensa na que nos visitaron familias, amigos, veciños e curiosos. A feira foi a escusa para recuperar a calor humana que tanto botabamos en falta. 

MOITAS GRAZAS A TODOS!

2 de xuño de 2022

O MAPUCHE SEN SOMBRA

 Na nosa viaxe a América do Sur chegamos á  Patagonia e alí descubrimos a lenda do "Mapuche sen sombra" de Ramón Girona, editorial El zorro rojo.

Lémola e preparámola moito e despois fixemos a gravación na radio da escola. Acompañámola das nosas ilustracións.

A continuación, pinchando na imaxe, podemos ver a Lenda do Mapuche, tamén teremos a posibilidade de escoitar a lenda de outros países.                             

                                                  👇