Na que se escoita o eco das nenas e nenos de primeiro e segundo da escola de Leirado en Salvaterra
6 de dec. de 2022
28 de nov. de 2022
22 de nov. de 2022
18 de nov. de 2022
15 de nov. de 2022
2 de nov. de 2022
25 de out. de 2022
COMO FACER UNHA CARETA DE MONSTRO
Temos que preparar unha careta para o Samaín.
1º- Pensaremos como serán os seus ollos 👀 para que den algo de medo:
- Número de ollos.
- A súa forma.
- Elementos que sobresaen.
2º- É o momento da naris👃e da boca👄.
- Como é a forma delas.
- Os seus dentes.
- Pode sair algo.
Se xa está todo decidido, agora é o momento de CREAR a túa MÁSCARA.👺👹👹👽👿
24 de out. de 2022
14 de out. de 2022
ONDE PODEMOS ATOPAR AUGA?
Presta moita atención a este vídeo para descubrir onde encontraremos auga no noso planeta.
11 de out. de 2022
10 de out. de 2022
7 de out. de 2022
COMO FACER UN BARCO DE PAPEL
6 de out. de 2022
29 de xuño de 2022
EXPOSICIÓN FIN DE CURSO
Chegou o último día da escola, e como xa ven sendo tradicional nos últimos cursos, celebramos a nosa exposición final do proxecto: FEIRATURLEIRADO.
Cada aula organizou un obradoiro para compartir coñecementos cos visitantes.
Foi unha xornada intensa na que nos visitaron familias, amigos, veciños e curiosos. A feira foi a escusa para recuperar a calor humana que tanto botabamos en falta.
MOITAS GRAZAS A TODOS!
2 de xuño de 2022
O MAPUCHE SEN SOMBRA
Na nosa viaxe a América do Sur chegamos á Patagonia e alí descubrimos a lenda do "Mapuche sen sombra" de Ramón Girona, editorial El zorro rojo.
Lémola e preparámola moito e despois fixemos a gravación na radio da escola. Acompañámola das nosas ilustracións.
A continuación, pinchando na imaxe, podemos ver a Lenda do Mapuche, tamén teremos a posibilidade de escoitar a lenda de outros países.
👇
18 de maio de 2022
16 de maio de 2022
FAMILIA LECTORA DE ÓLIVER
De Óliver e da súa familia chegáronnos estas dúas narracións:
-"Unha historia" de Marianna Coppo, Editorial Kalandraka. Con esta narración podemos unha vez máis facer uso da nosa imaxinación.
- "Despois da chuvia" de , da Editorial Kalandraka. É necesario ler este libro para que comprendamos as nosas capacidades e creamos nelas.
Moitas grazas Ana Belén e Óliver por agasallarnos
con estas narracións.
19 de abr. de 2022
🔴 TODO SOBRE EL RIO AMAZONAS 🔴 LA MARAVILLA NATURAL DEL PLANETA 🌲 WAMAN ...
Visitamos o río Amazonas .
18 de abr. de 2022
A PASO DE TARTARUGA
Brais e o seu papá preparonnos unha narración que seguro nos gustará a todos.
Moitas grazas pola colaboración.
12 de abr. de 2022
UNHA PORTADA PARA A NOSA REVISTA
O Equipo de Dinamización da Lingua propón a creación dunha portada para a publicación anual da revista Agromar.
Pinchar na imaxen para ver o resto da información.
30 de mar. de 2022
LEMOS CON SILVIA, A MAMÁ DE VALENTINA
Desta volta foi Silvia a que nos leu o conto de "Velliñas" de Charo Pita.
Pincha no conto para escoitalo 👇
Silvia, moitas grazas por recordarnos que non son necesarias moitas cousas para ser feliz.
29 de mar. de 2022
MONTAÑAS CON PAPIROFLEXIA
Seguimos construindo América do Sur no noso proxecto "A volta ao mundo en 160 días. Coñecer para comprender" .
Chegou o momento de representar a cordal dos Andes. Como poderíamos facer as montañas?
23 de mar. de 2022
18 de mar. de 2022
10 de mar. de 2022
LENDO CON ROSA, A MAMÁ DE LUCÍA
Hoxe recibimos a visita de Rosa para lernos un conto, de forma virtual.
4 de mar. de 2022
14 de feb. de 2022
8 de feb. de 2022
2 de feb. de 2022
4 de xan. de 2022
VIAXANDO ATÉ AMÉRICA DO SUR
Durante o 1º Trimestre estivemos organizando a nosa pequena Volta ao Mundo.
Os de 1º irán até América do Sur.
Buscamos como facer a viaxe, características dos nosos medios de transporte, que países visitar, a xeografía deste continente...
Este que veredes a continuación foi o noso pequeno traballo:
Clica en América do Sur para poder velo 👇
3 de xan. de 2022
O FESTIVAL DE NADAL