
Palabras con g, gu e gü
Na que se escoita o eco das nenas e nenos de primeiro e segundo da escola de Leirado en Salvaterra
Presta moita atención a este vídeo para descubrir onde encontraremos auga no noso planeta.
Chegou o último día da escola, e como xa ven sendo tradicional nos últimos cursos, celebramos a nosa exposición final do proxecto: FEIRATURLEIRADO.
Cada aula organizou un obradoiro para compartir coñecementos cos visitantes.
Foi unha xornada intensa na que nos visitaron familias, amigos, veciños e curiosos. A feira foi a escusa para recuperar a calor humana que tanto botabamos en falta.
MOITAS GRAZAS A TODOS!
Na nosa viaxe a América do Sur chegamos á Patagonia e alí descubrimos a lenda do "Mapuche sen sombra" de Ramón Girona, editorial El zorro rojo.
Lémola e preparámola moito e despois fixemos a gravación na radio da escola. Acompañámola das nosas ilustracións.
A continuación, pinchando na imaxe, podemos ver a Lenda do Mapuche, tamén teremos a posibilidade de escoitar a lenda de outros países.
👇