29 de dec. de 2013

Aí vai o señor Noé


POPU-RUI 
Aí vai o señor Noé
comandando o batallón.
O mono vai sentado
na cabeza do león.
O gato fai "miau",
miau, miau, miau!
O can fai "guau",
guau, guau, guau!
Perú fai "brbrbrbr"
carneiro fai"beeee"!
E o galo cando quer
quequerequequequequé.

Temas populares de Galiza e Portugal 
 de María Fumaça


Neste Nadal  bailamos e divertímonos coa canción de María Fumaça.

CLICA NA FOTO PARA ESCOITAR
Queres escoitar a música?
 

15 de dec. de 2013

Animais mamíferos moi especiais

O  MORCEGO
Estivemos vendo, nas clasificacións dos animais, as características comúns ós mamíferos e concluímos que esas características eran: 
                         - todos son vivíparos
                         - todos son vertebrados
                         - todas as crías aliméntanse do leite materno

Entre os mamíferos "excepcionais", atopámonos co morcego e os cetáceos que parecen diferentes de outros mamíferos porque os seus corpos están preparados para voar ou somerxerse. Estes animais considéranse mamíferos porque as súas crías nacen do ventre da súa nai e porque se alimentan de leite. 
Yubarta saltando fuera del agua.


<iframe width="420" height="315" src="//www.youtube.com/embed/JEg4xDbAHIE?rel=0" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>






Vídeo de Mario Alejandro López Castillo

11 de dec. de 2013

O aforcado de San Xoán

Que ben o pasamos na clase xogando ao "Aforcado"! 
Aquí o tedes para poder seguir xogando.

http://www.edu.xunta.es/xogos/aforcado/aforcado.html

27 de nov. de 2013

Por que os elefantes teñen trompa?

Este conto do libro de Lingua Galega, da  unha explicación fantástica da trompa dos elefantes.
O seu escritor, Rudyard Kipling, é o mesmo que escribiu o Libro da Selva e aproveitando podemos ver un fragmento deste último.

A marcha dos elefantes

21 de nov. de 2013

Do Autorretrato á Autobiografía

Empezamos polo autorretrato e agora, que xa nos coñecemos un pouquiño máis, pasamos á autobiografía.
Aproveitando que o outro día disfrutamos moitísimo coa biografía de Picasso, imos usala para explicar os pasos que teremos que dar para facer a "Nosa Autobiografía"

12 de nov. de 2013

Tivemos unha visita!!!

Despois de ter marchado da escola sen poder despedirnos, Nuria veunos facer unha visita e contarnos como lle vai na nova escola.

11 de nov. de 2013

O noso corpo

Agora que xa aprendimos moito sobre o noso corpo, vamos a comprobar que é o que sabemos.

http://www.educa.madrid.org/binary/367/files275/a/00/index.html