6 de dec. de 2016

Teño que decidirme

Non só fixemos os alumnos/as unha dinámica, tamén as nais e pais fixeron a súa.
Si señor, foi unha experiencia estupenda.
A dinámica consistía en que as profesoras comentaban unha situación: Un grupo de rapaces van de excursión, na metade do camiño averíase o autobús...
... e tendo en conta a situación na que se atopa (non hai cobertura, están a pleno sol...), a mellor solución será a de ir buscar axuda ao pobo máis próximo.
Os cinco voluntarios non poden levar todo o que hai no autobús, pero si poderán levar cinco obxectos dunha grande lista.
Agora será o momento de poñer a funcionar as nosas cabezas, teremos que decidir eses cinco obxecto repartidos por equipos. E así vemos como a colaboración entre todos, axudaranos a facer a mellor selección.
Si señor, foi unha experiencia estupenda.


Ningún comentario:

Publicar un comentario