12 de out. de 2017

Lectura inclusiva

Iniciamos o día coa Hora de Ler.
Cada quen sabe o que ten que facer.
Distribuímonos polas mesa, nos dous ordenadores e no Cantiño da Lectura.
Este é nosa última sección. A intención era de que fose un lugar agradable para ler no que promover unha lectura inclusiva e fomentar a lectura. Unha zona da aula onde todos estamos desexando ir pois alí atopámonos tan cómodos coma no sofá da nosa casa.
Cada quen aporta a súa sabiduría, o bon facer, os seus coñecementos lectores (Xa son moitos que estamos en 2º!!!), ou as súas habilidades sociais.
É sorprendente o moito que aprendemos todos!
Compartimos con vós estes fermosos momentos.

                
          

Ningún comentario:

Publicar un comentario