Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "Xogamos?". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "Xogamos?". Amosar todas as publicacións

3 de xul. de 2019

FICHEIRO DO PROXECTO

Durante este curso os alumnos de 1º estiveron traballando co proxecto "Xogamos?". Estes son os seus traballos referentes a este tema.

https://issuu.com/maristelaocampo/docs/portfolio_693f23e61f1b30

1 de xuño de 2019

ELABORANDO XOGUETES

Estivemos informándonos como construir mariquiñas, un Mikado, un bólido, un muíño de vento e un paracaídas.
Traballamos moito e aínda nos divertimos máis. 


   






             


           

20 de maio de 2019

MARIQUIÑAS



Este ano redescubrimos as 
mariquiñas na escola. 









 







    Investigamos
    sobre elas, e todo o que se 
    construían. Diseñamos as súas 
    roupas, zapatos e complementos.
                      
                                           
  
Convertímonos en mariquiñas, vestímonos e colocámonos a cada un na súa parroquia. 



                                                                        E preparamos un programa     
                                                            para a radio "As Lerias de 
                                                            Leirado".

                                                         
                                                                      
                                                                      
  


Podedes escoitalo a continuación.


6 de mar. de 2019

XOGOS DA GOMA: CHOCOLATE

Materiais:
Unha goma.

Como xogar:
- Onde colocar a goma?
1ª Nocellos
2ª Na barriga das pernas
3ª Xeonllos
4ª Nas cachas
5ª Cintura
6ª Sobaco

- Sáltase como se indica na figura. 

- Dise "Cho-co-la-te" e a cada sílaba damos un salto..
Cando rematamos pasamos á altura seguinte.

Fonte da imaxe e da información: "Chirlomirlos" de Antón Cortizas.


XOGO: AS CATRO ESQUINAS

Chámase catro esquinas, pero póñense unha menos que o número total de xogadores.
Materiais:    
- Esquinas, que poden ser de paredes, aros, pedras ou calquera material que sinale unha "casa".

Como xogar:
Botamos a sortes para ver quen queda no centro.
Os demáis colócanse nas "esquinas".
O que está no centro canta:
               "As catro esquinas libres quedan.
                O que non sae, queda".
Entón todos saen e buscarán esquina.
Queda unha persoa sen esquina e empezamos novamente.
Se alguén non sae, o do medio deberá  sinalalo e pasará ó centro.

                            Fonte da imaxe: Banco de imaxes do MEC.
                            Fonte do xogo: Blog Xogos Populares.





20 de dec. de 2018

XOGOS EN BÉLXICA: O GUSANO SENTADO

En Europa tamén xogan os nenos e nenas, e en Bélxica encontrámonos con o "Gusano sentado".
A lingua de Bélxica é o francés, holandés e alemán.
Todas as persoas nacidas en Bélxica chámanse belgas.






 


Esta é a súa bandeira:
                           Fontes: Wikipedia e Galipedia

XOGOS EN BRASIL: XAN PALMADA


O xogo de "Xan Palmada" encontrámolo en Brasil, país de América do Sur.
A lingua que falan en Brasil é o portugués.
E todas as persoas que nacen en Brasil son brasileiros ou brasileiras.

A bandeira brasileira:






Mapa político de América del Sur



































 
                                                                                 Fontes: Wikipedia e Galipedia

13 de dec. de 2018

XOGOS EN ANGOLA: "GATO COME O RATO"

En Angola, país que está en Africa, encontramos o xogo do "Gato come o rato".
Os que viven Angola receben o nome de angoleña ou angoleño.
A lingua que usan en Angola é o portugués, o kikongo...


A súa bandeira é esta: 

 

XOGOS EN PORTUGAL: CABACINHA

O xogo que decubrimos en Portugal foi a "Cabacinha".
Os habitantes de  Portugal son portuguesa ou portugués.
A lingua de Portugal é o portugués.


A bandeira portuguesa:


                                                                                                                                    Wikipedia

XOGOS EN GALIZA: CANTAGALOS E CURUXA

En Galiza vimos o xogo da "Curuxa" e o "Cantagalo".
As persoas que viven en Galiza chámanse galegos ou galegas
A lingua de Galiza é o galego e o castelán. 

<iframe name="ifrm" src="http://www.culturagalega.org/avg/produccion_include_simple.php?Cod_prdccn=11474&amp;busca=0 xigante" width="100%">Notice: Undefined index: significado in /var/www/html/cultura/html/avg/produccion.php on line 463Notice: Undefined index: significado in /var/www/html/cultura/html/avg/produccion.php on line 465O xigante (+ info en AVG). </iframe>

Esta é a súa bandeira



                                                                                                                                      Galipedia






3 de dec. de 2018

O XOGO NA PINTURA

"Las gigantillas" de Francisco de Goya

"Juego de niños" de Pieter Bruegel
Imos ver ben estes cadros?
Que fan os nenos e nenas que aparecen?
A que xogan?

25 de nov. de 2018

MIKADO

Xogo de orixe xaponés.
Chámase así, por ser Mikado o nome que se lle daba ó emperador do Xapón.
Necesitarás paus pintados de distintas cores.
Podes pintalos cun rotulador.
Para non perdelos poderás gardalos nunha caixiña.
Cada pau ten un nome.


Regras do xogo
Foto da Wikipedia

Un xogador poñerá os paus de pé sobre a mesa e os soltará de repente.
O seguinte, intentará coller un pau sen mover o resto.
De mover algún, anotará os puntos do seu pau e xogará o seguinte.
Quen colla un Mikado ou un Mandarín poderá usalo para coller o resto.
Gañará o que máis puntos consiga.