20 de mar. de 2020

VENRES, 20 DE MARZO

A DIVERSIDADE DAS ÁRBORES

Hoxe non temos cole, mais aínda que tivesemos sería un día de festa.
Como estamos sempre na casa, vouvos propor unha manualidade especial.
Todos somos distintos, as árbores tamén son diferentes e imos facer dúas árbores distintas.

MATERIAIS:
- Pegamento
- Tesoiras
- Material variado (macarróns, envoltorios de  caramelos, lentellas, botóns, lá...)

COMO FACELO:
1- Teremos que coller unha cartolina e dividila á metade.
2- Buscaremos dúas poliñas dunha árbore.
3- En cada metade pegaremos a poliña como se fose o tronco da árbore.
4- Buscaremos dous materiais distintos para facer de follas. Por exemplo: para unha árbore usaremos envolturas de caramelos e para a outra árbore, macarróns. E pegámolos.

Lémbrate de facer unhas fotos para poder poñelas no noso blog.


 SE ALGUÉN TEN PROBLEMA PARA COMUNICARSE COA PROFE , PODE INDICALO NO CORREO E INTENTAREMOS SOLUCIONALO

Ningún comentario:

Publicar un comentario