Amosando publicacións coa etiqueta Quen sementa recolle. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Quen sementa recolle. Amosar todas as publicacións

15 de maio de 2017

A flor e as súas partes

Hoxe fomos regar as patacas e descubrimos varias flores e que ademais sabíamos moi pouco sobre elas. 
Empecemos a estudalas.!!



http://www.primaria.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/cm3_u7_flores/frame_prim.swf
Primaria. Libros Vivos.net 

25 de abr. de 2017

Como sementar xirasoles

Como podemos facer para plantar sementes de xirasol?
Para informarnos recurriremos ao vídeo de "La Huertina de Toni".



9 de mar. de 2017

As pipas

Hoxe teremos que crear palabras con un alimento.



                           AS   PIPAS






Poderán ser palabas sobre:
  •     Alimentos
  •     Flores
  •     Vertebrados
  •     Insectos
  •     Mamíferos
Ti decides, pero deberá  ser
                            Algo que che guste moito

Estivemos traballando moito coas PIPAS  e estes son algúns dos nosos traballos.
 



5 de mar. de 2017

Entroido 2017

Na nosa horta esperamos conseguir unha grande variedade de plantas, pero seguro que as teremos que compartir con outros seres vivos.
Para irnos familiarizando con eles, disfrazámonos destes pequenos animaliños para o Entroido.
De ratos e de arañas fomos os de 1º e 2º, que vos parece os nosos disfraces?

                                                             🕷
🐭

                                  🐁

Pincha na cámara de vídeo para ver a película    📹

10 de feb. de 2017

Hoxe comeza todo!

Hoxe comeza todo!
Hoxe é o día en que sementamos!
Hoxe é o día 1º das nosa sementes!

Álvaro, Amalia e Adrián cóntannos que van sementar!
Aquí temos a Uxía, Héctor, Nayara e Marío!



A continuación...Alex, Paula e Bruno!
Para rematar, pero non menos importantes:
Diego, Nahir e Yoel!




Se queredes saber qué ocorre coas nosas sementes, estade atentos o noso blogue!!!

8 de feb. de 2017

A sementar!!!

Hoxe fomos coa Profe Aurora a aprender cómo mezclar a terra e o compost, para así comezar a facer os nosos sementeiros!

Mostrounos o COMPOSTEIRO e vimos as diferentes fases polas que pasa a materia orgánica, antes de converterse en "HUMUS", que é unha sustancia de cor negro ou pardo, moi beneficiosa para o noso solo. Algo moi interesante, é que o HUMUS (que é de materia orgánica, como follas ou esterco está habitada por microorganismos e por miñocas e parte do seu peso remata por ser humus!!!).

Algo moi importante e que non debemos esquecer., é que o COMPOST procede da descomposición de materia orgánica como: follas, ramas, restos de verduras, etc.

Se queredes saber qué, cómo e cando imos sementar, só tedes que facernos unha visita!


Moitas grazas Profe Aurora !!!!


3 de feb. de 2017

A memoria das árbores

A memoria das árbores

Desta volta, foi María, a mamá de Amalia,  de 2º quen nos veu a leer este conto de Xosé Neira Cruz

Cando Tano naceu, seus pais plantaron no xardín da casa a semente dunha árbore, dun baobab para que medrara canda él. 
Sempre celebraban os seus aniversarios xuntos, pero nun cando Tano cumple cinco anos, pensa que esa celebración non é suficiente e sube un anaco de pastel o seu cuarto para o baobab. 
Mais pola noite, alguén chama a súa xanela e...


20 de xan. de 2017

O raposo Rufo en o ataque dos escaravellos das patacas.


O raposo Rufo en....

O ataque dos escaravellos das patacas.

Sandra, a mamá de Miriam de 1º, viu lernos o conto do raposo Rufo ós nenos e nenas de 1º e 2º.

Se eres curioso ou curiosa, e queres saber máis, a biblioteca deber ir, e o conto deber pedir!

Mirade que ben o pasamos e canto aprendemos sobre a horta, as verduras e hortalizas! 

Se queres ver no Blogue da Biblioteca o conto de "O raposo Rufo en o ataque dos escaravellos das partacas"? Pincha na imaxe.
http://abibliodeleirado.blogspot.com.es/2017/01/o-raposo-rufo.html